miércoles, 7 de mayo de 2014

Un paso adiante, Xosé María Díaz Castro

"Quero morrer de música nunha tarde de pinos (...)"

Tras estas verbas, atopamos ó poeta do transcendental. Aquel que fica vencellado a súa terra e o sentir que deixa a mesma naqueles que tentan condensala en palabras. Descubrimos ó poeta telúrico, paisaxista, do paso do tempo, intimista e, en definitiva ó pintor do humano.

Un guitiricense con pouso brigantino que xa en 1946 gañara os primeiros de poesía en galego e castelán naqueles Xogos Florais de Betanzos


Polo tanto, neste espazo radiofónico, imos amosar a un Xosé María Díaz Castro que sobrepasa Nimbos (1961) e que chega ós nosos días cun recoñecemento máis vivo e intenso que nunca.

Nesta viaxe radial, descubriremos as voces de alumnos dos centros Atocha, Francisco Aguiar e As Mariñas, que porán outra visión. Música, efectos, silencio e voz están no escenario.

No acto un, entra Díaz Castro ante a nosa mirada expectante. O que segue, terá a súa testemuña aquí.


Actividade realizada polo: